Instalación de pladur e escaiola en Ourense

Instalación de pladur e escaiola en Ourense

Instaladores de escaiola e pladur en Ourense

Escaiolas Suso, empresa líder en Ourense dende 1990, naceu como almacén de venta de produtos para escaiolistas e instaladores de pladur en Ourense.

Na actualidade, grazas á nosa experiencia e certificación como instaladores homologados de pladur, colaboramos cos mellores fabricantes e provedores de materiais en toda a cidade e provincia de Ourense.

Salientamos polo noso compromiso coa limpeza, seriedade e cumprimento dos prazos en cada proxecto. Ademais, contamos cunha ampla gama de servizos: instalación de pladur e escaiola, insonorización, construción de obra nova, rehabilitacións, reformas e decoración.

Instaladores de escaiola e pladur en Ourense

O noso método de traballo

1. Atención

Cando recibimos a chamada dun cliente, escoitamos con atención a petición para poder entender o que necesitan e atopar a mellor solución.

2. Orzamento

Unha vez comprendidas as necesidades do cliente, procedemos á elaboración dun orzamento personalizado, tendo presentes os detalles do proxecto. Nesta fase tamén falamos sobre os prazos de traballo e de finalización para que o cliente teña unha visión clara do proceso.

3. Traballo

En Escaiolas Suso estamos comprometidos co cumprimento de prazos establecidos, asegurando o remate puntual e satisfactorio do proxecto. Realizamos a tarefa coa máxima limpeza, seriedade e responsabilidade.

Expertos en falsos teitos, escaiolas e reformas

O noso equipo de instaladores traballa en estreita colaboración con primeiras marcas para garantir resultados duradeiros, como Pladur e Knauf Insulation entre outras.

¿Necesita unha instalación de pladur, illar acusticamente a súa vivenda ou colocar escaiola decorativa? En Escaiolas Suso estamos comprometidos a brindarlle solucións personalizadas que superen as súas expectativas.

A nosa galería de imaxes

En Escaiolas Suso realizamos traballos de nova obra, rehabilitacións, deformas e decoración.

Pladur ou escaiola?

O pladur é un material conformado por placas de xeso laminadas entre capas de cartón. Emprégase para a construcción e reformas, principalmente en tabiques, paredes e falsos teitos porque ofrece unha serie de vantaxes:

  • Montaxe rápida.
  • Múltiples funcións estéticas e prácticas.
  • Illamento térmico e acústico
  • Alta resistencia ao lume
  • Deseños personalizados nos elementos decorativos
  • Acabados impecables

Por outra banda, a escaiola é un derivado do xeso que se endurece con auga. A súa función máis habitual é estética pero é moi

  • Máis económico
  • Estrutura máis compacta e firme
  • Pódese mesturar con outros materiais para aumentar a súa resistencia contra o lume
  • Fácil instalación
  • Amplas posibilidades decorativas
  • Ideal para construcións lixeiras
Pladur ou escaiola?

Contacte con Escaiolas Suso en Ourense

Se precisa transformar a súa vivenda, lugar de traballo ou calquera outro espazo, en Escaiolas Suso temos a solución. O noso almacén está situado en Allariz, pero desprazamos os nosos servizos por toda a provincia de Ourense.

Pedir orzamento